![]() |
|
Inicio / InicioConferencia de Basilio Losada: "Álvaro Cunqueiro e os seus amigos cataláns"
O martes 13 de decembro de 2005 tivo lugar unha conferencia titulada “Álvaro Cunqueiro e os seus amigos cataláns” impartida por Basilio Losada, convidado pola Fundación Carlos Casares, no Centro Cultural Municipal ‘Gonzalo Torrente Ballester’ de Ferrol. Este acto, que se sumou aos moitos eventos que durante o ano 2005 se desenvolveron por toda Galicia co gallo do cincuentenario da saída do prelo da obra Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, fixo parte do ciclo anual de actividades que a Fundación Carlos Casares organiza na cidade de Ferrol froito dos convenios de colaboración que se veñen asinando coa Área de Cultura do seu concello. O profesor Losada foi presentado por Ramón Loureiro, escritor e xornalista, e Pedro Xosé Blanco Llano, xerente da Fundación Carlos Casares. Ramón Loureiro, Basilio Losada, Pedro Blanco |