![]() |
|
Inicio / InicioIV Ciclo de Conferencias e Debates 'Vigo: o home e a cidade'. Catro proxectos de cidade: Vigo e as eleccións municipais
13, 14, 20, 21 marzo 2007 Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo A convocatoria de eleccións muinicipais para o 27 de maio do 2007 abriron para a cidade de Vigo unhas expectativas novas que supuxeron á par inquedanzas e esperanzas. O goberno do seu concello ao longo da anterior lexislatura estivera caracterizado pola peculiaridade de repartirse en dúas etapas diferenciadas, cunha primeira parte onde o acordo entre o PSdeG-PSOE e o BNG propiciara unha alcaldía e un equipo de goberno conformado por maioría, dando logo paso a unha nova configuración gobernante en minoría liderada polo Partido Popular, o que singularizou de maneira especial a cidade de Vigo no conxunto das cidades galegas. Pero nese tempo pasaran, ademais, outras moitas cousas que revertiran, directa ou indirectamente, na nova realidade a enfrontar nos comicios. Houbera cambios de persoas nos partidos, cambios de goberno na Xunta e no Estado, e Vigo mantiña enriba da mesa boa parte das súas preocupacións (o PXOM, o aeroporto, o AVE, a depuradora, as comunicacións, a rehabilitación dos espazos históricos...). A Fundación Carlos Casares, na edición do Ciclo de Conferencias e Debates 'Vigo: o home e a cidade' correspondente ao ano 2007, non podía obviar a importancia que para a cidadanía de Vigo tiñan as eleccións municipais. Nas tres edicións anteriores deste ciclo quixéranse tratar asuntos como a arquitectura e o urbanismo, o proxecto de Área Metropolitana ou os grandes proxectos de infraestruturas. No momento da convocatoria destas xornadas considerouse importante coñecer a opinión dos catro cabeza de lista dos partidos políticos que daquela tiñan representación municipal: PP, PSdeG-PSOE, BNG e PG, e que amosaran de xeito distendido, lonxe da fogaxe propia da campaña electoral, os seus proxectos de cidade para os seguintes catro anos.
PROGRAMA: 13 MARZO 2007, MARTES; 20 horas Manoel Soto (Partido Galeguista) Maite Fernández (segunda da listaxe electoral) Presenta: Pedro Blanco (Xerente da Fundación Carlos Casares) M. Fernández, M. Soto 14 MARZO 2007, MÉRCORES; 20 horas Abel Caballero (Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE) Presenta: Pedro Blanco (Xerente da Fundación Carlos Casares) (Comparecencia suspendida por repentinos trocos na axenda do candidato) 20 MARZO, MARTES; 20 horas Santiago Domínguez (Bloque Nacionalista Galego) S. Domínguez, P. Blanco 21 MARZO, MÉRCORES; 20 horas Corina Porro (Partido Popular de Galicia - PP) Presenta: Pedro Blanco (Xerente da Fundación Carlos Casares) C. Porro, P. Blanco CONTIDOS
|