fundacion Carlos Casares

 

 

Tlfs.: 986 225 785 - 986 229 834
Fax: 986 226 312
info@fundacioncarloscasares.org

BUSCA NO NOSO WEB


A Fundación en imaxes

www.flickr.com

NOVIDADES

“O sabor das letras” con Manuel Gago

13 / Febreiro / 2010

Público asistente á primeira sesión de

O xoves día 11 iniciose no restaurante do MARCO, en Vigo, a xeira de O sabor das letras, un espazo de diálogo entre a literatura e a gastronomía, que forma parte das actividades do Café Voltaire da nosa Fundación. Daniela Sarraino, Presidenta da Agrupación de Amigos do Marco, deu a benvida e explicou as razóns da colaboración coa Fundación Carlos Casares no desenvolvemento desta nova actividade de lecer cultural que aumenta a oferta na cidade olívica. Gustavo Adolfo Garrido presentou ao condutor da sesión: Manuel Gago, xornalista, profesor, enogastrónomo e mantedor do excelente blog personal Capítulo 0, ademáis de director do portal culturagalega.org do Consello da Cultura Galega.

Manuel Gago nun momento da súa conferencia

Manuel Gago ofreceu unha viaxe por Galicia da man de textos de Carlos Casares e citas de Álvaro Cunqueiro e Alfonso Álvarez Cáccamo, combinando a produción vinícola actual coa trasformación de alimentos tradicionais do país, algúns esquecidos da memoria moderna. O branco nos lugares do tinto e o tinto nos lugares do branco, foi a proposta de Gago para acompañar unha fantasía de pratos fugaces e mínimos elaborados por Alfonso Botas: caldo de algas, polbo de Ons, salmón do Ulla, callos e ave, con bica de postre. Regados con grolos do branco de Terras Gauda e tintos Alma Larga, Goliardo Caíño, Torna dos Pasás, entre outros, para rematar cunha pinga de Málaga tostado, de MR.

  • O Consorcio no Curso de Celanova

    Consorcio Audiovisual de Galicia Consorcio Audiovisual de Galicia é entidade colaboradora do VII Curso Universitario de Celanova. Recordámoslles ás persoas inscritas no Curso que xa poden solicitar por e-mail a bolsa da Cátedra Carlos Casares valorada en 15€.
  • A Ledicia de Ler

    A sección que Carlos Casares escribía en La Voz de Galicia dende 1975 a 1980, e na que reseñaba as novidades editoriais da época, volve ao noso web na sección Documentos da Fundación, onde se poden consultar e descargar gratuitamente. Esta semana traemos a dedicada a un traballo de Agustín García Calvo sobre Rosalía de Castro. Rosalía de Castro
  • Publicadas as actas do Simposio Carlos Casares

    Celebrado en decembro de 2007 en Ourense, o Simposio reuniu a numerosos especialistas mundiais na figura de Carlos Casares. Xa están dispoñibles para consulta libre e gratuíta as actas do I Simposio Internacional Carlos Casares
  • Os Toromelos

    Lela anda en bicicleta En colaboración coa ESAD.
  • Entrevista a J. Bono e G. Peces-Barba

    Podedes ver aquí as entrevistas realizadas pola TVG a José Bono e Gregorio Peces-Barba no contexto dos VII Encontros de Mondariz Balneario
  • Sección de Publicacións

    Podedes consultar as últimas publicacións da Fundación Carlos Casares nesta sección .
  • Xornadas "Ramón Piñeiro na Galicia do século XX". Próxima publicación das actas

    Proximamente, a Fundación Carlos Casares publicará unha versión electrónica e de balde das actas das xornadas sobre Ramón Piñeiro celebradas na Deputación de Lugo do 23 ao 26 de marzo. Mentres tanto, poden descargar aquí o programa e mais o cartel das Xornadas.
  • Carlos Casares, unha vida

    des_casares.jpg

    Le a súa biografía
  • Arquivos


  • A actividade da Fundación está patrocinada polas seguintes entidades:
    Patrocinadores