O Simposio Internacional Carlos Casares desenvolveuse en Ourense a finais do ano 2007. Foi promovida pola Cátedra Carlos Casares da Universidade de Vigo-Campus de Ourense- e a Fundación Carlos, para afondar na figura e a obra do escritor ourensán. Tratouse dunha primeira aproximación ao estudo e a investigación dunha personalidade tan variada e aberta que foi acometida por especialistas, amigos persoais e estudosos, impartindo conferencias e paneis de coloquio. Os resultados do Simposio foron recollidos nunhas actas que agora se presentan para a súa libre visualización, ademais de estar dispoñible para a súa descarga. Enlace: Actas do Simposio Internacional Carlos Casares