fundacion Carlos Casares

 

 

Tlfs.: 986 225 785 - 986 229 834
Fax: 986 226 312
info@fundacioncarloscasares.org

BUSCA NO NOSO WEB


A Fundación en imaxes

www.flickr.com

NOVIDADES

Mariana Carballal e o seu amor polo teatro no “Sabor das Letras”

2 / Marzo / 2012

O pasado mércores 29 de febreiro tivo lugar no restaurante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo a primeira sesión do Café Voltaire – “O Sabor das Letras”, unha proposta de maridaxe entre literatura e gastronomía.
O tema da sesión de febreiro foi “Teatro e gastronomía”, e puidemos contar para a ocasión coa presenza da profesora e actriz Mariana Carballal, coa que os asistentes puideron gozar dunha fantástica velada. Mariana Carballal propúxolles un xogo aos asistentes, mesturando a súa conferencia e as propostas gastronómicas do chef Miguel Oliveira con elementos do entroido e todo rodeado do amor romántico e da paixón dramatúrxica. Así se desprende tanto do seu faladoiro sobre a historia do teatro e as súas relacións coa gastronomía, como na estrutura do menú (“Presentación, nó e desenlace” igual a “Entrante”, “Prato principal” e ”Sobremesa”) e tamén cos nomes dos pratos do menú: “Verde que te quero verde”, “Venusiña do amor”, “Bicos e bicas”…
A actriz estivo acompañada por tres estudantes da Escola Superior de Arte Dramática (Tania Galán, Noelia Fernández e Fran Lareu), que agasallaron ao público con representacións teatrais de gran calidade relacionadas tamén co teatro e a gastronomía, e que puxeron o punto de frescura a unha magnífica velada.

O acto rematou cun novo xogo de Mariana Carballal, que, dentro do tema do amor, do teatro e da comida, animou a todos os asistentes a bicarse. Todo un éxito, por suposto. Xa se sabe, ó amor polo teatro sempre é paixonal.

  • .

    O blog Á marxe do tempo recupera o dietario persoal que Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe», para que o lector teña a oportunidade de seguir o pensamento e a particular visión do mundo do escritor ourensán.

    .

  • .

    Sección onde damos conta de todas as iniciativas e actividades que se están desenvolvendo no décimo aniversario do falecemento de Carlos Casares. Esta semana destacamos o vídeo "Carlos Casares na Limia. Lembranzas", realizado polos estudantes do IES Rosalía de Castro de Xinzo de Limia.

    .

     
  • A Ledicia de Ler

    A sección de La Voz de Galicia na que Carlos Casares tratou dende 1975 temas literarios e lingüísticos e onde reseñaba as novidades editoriais da época. No apartado Documentos da Fundación recuperamos semanalmente os máis significativos e interesantes, para a súa consulta e descarga de balde. Esta semana traemos o artigo sobre a inauguración do novo edificio da Real Academia Galega.

    .

    .

  • Entrevista a Jorge Edwards en "V Televisión"

    Entrevista realizada por Fernanda Tabarés a Jorge Edwards, que participou nos I Diálogos Literarios do Gaiás.

    .

  • Conferencia de Josep Borrell (2003)

    Vídeo da conferencia "Europa na sociedade global", impartida por Josep Borrell no marco dos I Encontros de Mondariz-Balneario, celebrados no ano 2003.

    .

  • Publicadas as actas do Simposio Carlos Casares

    Celebrado en decembro de 2007 en Ourense, o Simposio reuniu a numerosos especialistas mundiais na figura de Carlos Casares. Xa están dispoñibles para consulta libre e gratuíta as actas do I Simposio Internacional Carlos Casares

    .

  • Videoresumo das actividades da Fundación en 2011

    Podedes ver aquí o vídeo de presentación cun resumo gráfico das actividades desenvolvidas pola Fundación Carlos Casares durante o ano 2011.

    .

    Actividades 2011 da Fundación Carlos Casares

    .

  • Arquivos

  • A actividade da Fundación está patrocinada polas seguintes entidades:
    Patrocinadores