fundacion Carlos Casares

 

 

Tlfs.: 986 225 785 - 986 229 834
Fax: 986 226 312
info@fundacioncarloscasares.org

BUSCA NO NOSO WEB


A Fundación en imaxes

www.flickr.com

NOVIDADES

Giovanna Giusti na Facultade de Belas Artes de Pontevedra

25 / Maio / 2011

O vindeiro venres 27 de maio ás 11 horas no salón de actos da Facultade de Belas Artes de PontevedraGiovanna Giusti dará unha charla sobre cuestións museolóxicas da Galería dos Uffizi, con especial atención á metodoloxía de traballo a través dun caso práctico: a exposición “Autoritratte: Artiste di capriccioso e destrissimo ingegno“.

Giovanna Giusti é Historiadora da Arte e Directora do Departamento de Arte do século XIX e colección contemporánea da Galería dos Uffizi de Florencia. Os seus estudos sobre o Renacemento, e o Cinquecento en especial, transcenden o ámbito investigador reflectíndose, de maneira natural, na súa experiencia museolóxica como comisaria na institución florentina, e tamén no labor académico que desenvolve na California State University da capital da Toscana como profesora de Historia da Arte.

Entre os seus traballos salientamos, tan só como unha mostra, o libro Dolci a Corte (Editorial Sillabe, 2001), unha apaixonante guía pola iconografía dos doces nos fondos dos Ufizzi, obra sobre a que erguerá a sesión de O Sabor das Letras do día 26; e tamén a exposición “Autoritratte. Artiste di capriccioso e destrissimo ingegno”, que reuniu na Galería dos Uffizi entre decembro de 2010 e xaneiro de 2011 oitenta autorretratos de  pintoras dos séculos XVI a XIX, algúns deles mostrados por primeira vez ao público.

Presentada pola profesora Silvia García, a charla está dirixida aos alumnos e alumnas da Facultade, pero tamén ao público interesado.

  • .

    O blog Á marxe do tempo recupera o dietario persoal que Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe», para que o lector teña a oportunidade de seguir o pensamento e a particular visión do mundo do escritor ourensán.

    .

  • .

    Sección onde damos conta de todas as iniciativas e actividades que se están desenvolvendo no décimo aniversario do falecemento de Carlos Casares. Esta semana destacamos o vídeo "Carlos Casares na Limia. Lembranzas", realizado polos estudantes do IES Rosalía de Castro de Xinzo de Limia.

    .

     
  • A Ledicia de Ler

    A sección de La Voz de Galicia na que Carlos Casares tratou dende 1975 temas literarios e lingüísticos e onde reseñaba as novidades editoriais da época. No apartado Documentos da Fundación recuperamos semanalmente os máis significativos e interesantes, para a súa consulta e descarga de balde. Esta semana traemos o artigo sobre a inauguración do novo edificio da Real Academia Galega.

    .

    .

  • Entrevista a Jorge Edwards en "V Televisión"

    Entrevista realizada por Fernanda Tabarés a Jorge Edwards, que participou nos I Diálogos Literarios do Gaiás.

    .

  • Conferencia de Josep Borrell (2003)

    Vídeo da conferencia "Europa na sociedade global", impartida por Josep Borrell no marco dos I Encontros de Mondariz-Balneario, celebrados no ano 2003.

    .

  • Publicadas as actas do Simposio Carlos Casares

    Celebrado en decembro de 2007 en Ourense, o Simposio reuniu a numerosos especialistas mundiais na figura de Carlos Casares. Xa están dispoñibles para consulta libre e gratuíta as actas do I Simposio Internacional Carlos Casares

    .

  • Videoresumo das actividades da Fundación en 2011

    Podedes ver aquí o vídeo de presentación cun resumo gráfico das actividades desenvolvidas pola Fundación Carlos Casares durante o ano 2011.

    .

    Actividades 2011 da Fundación Carlos Casares

    .

  • Arquivos

  • A actividade da Fundación está patrocinada polas seguintes entidades:
    Patrocinadores